Atopei este vçideo na web e descoñecezo o seu autor ou autora pero quería amosalo como un exemplo de como podemos traballar coas TIC co noso alumnado (segundo a idade pode ser visionado, participación na búsqueda de imaxes, na elaboración do texto, etc.) as áreas do currículo como é Coñecemento do Medio neste caso e a educación en valores, neste caso a educación ambiental. Podemos elaborar materiais como este con ferramentas moi sinxelas que se poden conseguir gratuitamente na web ou mesmo a través do Powerpoint ou do Windows Movie Maker.
viernes, 27 de marzo de 2009
lunes, 16 de marzo de 2009
domingo, 11 de enero de 2009
FERRAMENTA PARA A ELABORACIÓN DE CUESTIONARIOS MULTIMEDIA ON LINE

Esta ferramenta permite crear cuestionarios que poden ser de resposta múltiple ou única. Unha vez elaborado créanse uns códigos que serven para insertar o cuestionario nunha web ou nun blog. É gratuito e non precisa instalación de ningún programa no ordenador.
O único problema é que a páxina está en inglés, pero é bastante intuitivo.
Podedes coñecer máis sobre esta ferramenta nos seguintes enlaces:
http://cuadernointercultural.wordpress.com/
http://www.mystudiyo.com/
sábado, 10 de enero de 2009
ITINERARIO TIC EN EDUCACIÓN INFANTIL

Na EEI San Pedro levan traballando coas TIC dende o 2001 para facer competentes dixitalmente ós nosos alumnos e alumnas. Na súa páxina da rede de centros TIC ofrécenos un interesante itinerario TIC que lle proporciona continuidade ás súas prácticas.
lunes, 8 de diciembre de 2008
EXEMPLO DUNHA Mini WebQuest SOBRE A ALIMENTACIÓN

A LOE incide na necesidade de conseguir que os alumnos e alumnas dos nosos centros non só saiban contidos senón que sexan competentes á hora de utilizalos. As TIC ofrecen multitude de posibilidades para traballar no desenvolvemento destas competencias, especialmente na búsqueda e manexo da información, na capacidade de aprender a aprender, etc. Un exemplo son as WebQuest ou MiniQuest onde o profesorado vai guiando o proceso de aprendizaxe e o alumnado debe ir buscando, elaborandoe organizando información.
No seguinte enlace podedes ver un exemplo de cómo traballar a nutrición co alumnado de 5º:
http://catedu.es/chuegos/kono/quinto/t4/nutricion.swf
sábado, 1 de noviembre de 2008
TRABALLAR DE FORMA GLOBAL O CURRÍCULO E AS TIC- Materiais do CEIP Palmeira

Páxina elaborada polos mestres e mestras do CEIP Palmeira para traballar o tema do aparato dixestivo a través das TIC e de forma globalizada a través de todas as áreas.
Podes acceder ó proxecto para traballar o aparato dixestivo no seguinte enlace:
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/cadernosPaco/dixestion/intro.htm
O enlace da páxina para acceder a todos os proxectos para as diferentes temáticas e niveis é o seguinte:
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/rato_plant01.htm
LIBROS VIVOS SM Xogos 1º Curso EP

Enlace a libros vivos da editorial SM para o 1º curso da Educación Primaria, con xogos moi sinxelos e conectados ós contidos e ó desenvolvemento das competencias. O enlace é:
http://www.librosvivos.net/flash/Primaria_1/primaria1_trim2.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)